Unha iniciativa de grande interese: o proxecto europeo IDEMASAP+50. Un proxecto do programa Erasmus+ nos que participan colegas dos programas para maiores de diversas universidades europeas. Para saber mais desta iniciativa falamos coa profesora Pilar García de la Torre, coordinadora de ID+APP na UDC.
E para ir preparándonos para o verán, neste programa quixemos propoñervos un plan de lecer para este período estival. Aproveitando a celebración do Ano Santo Xacobeo achegámonos ata Santiago de Compostela para coñecer a proposta cultural do Auditorio de Galicia para os vindeiros meses.
Falamos con Silvia Modia Ferreiro Subdirectora do Auditorio de Galicia.
Comezou a súa traxectoria profesional en xestión cultural no organismo autónomo Auditorio de Galicia en 1989.
No 1994 obtén por oposición a plaza de subdirectora cargo que ocupa ata o ano 2000, desenvolvendo proyectos moi importantes como o programa cultural Compostela 93 nese Ano Santo, a posta en marcha e programación da orquestra Real Filarmonia de Galicia e o Compostela Millenium Festival.
Nos períodos 2000/2006 e 2015/2018 ocupa o cargo de Directora xerente do Auditorio.
No primero destes períodos dende o Auditorio, asume a dirección da área de cultura municipal por encargo do pleno do Concello xestionando todas as actividades e programación.
Na temporada 2006/2007 dirixíu o Teatro Auditorio de San Lorenzo de El Escorial.
——————————
E como non hai plan que se prece sen un bo xantar, ao rematar no Auditorio achegámonos á Casa de Xantar o Dezaseis onde, coa excusa de compartir unha entrevista, puidemos dar conta dunha boa parte da súa oferta gastronómica.
É, sen dúbida algunha, un dos referentes da hostalería compostelá. Situado na emblemática rúa de San Pedro, en pleno Camiño de Santiago nunhas antigas cabaleirizas. O Dezaseis logra converter ós clientes en amigos e a comida nun placer ó alcance de moitos, de todos aqueles que baixan os centenarios chanzos deste fermoso local. O seu nome, Casa de Xantar, non deixa lugar ás
dúbidas; estamos nun establecemento onde comer implica algo máis que alimentarse, que gozar dun bo prato; é unha forma de volver a aquelas comidas de antes, cociñadas paseniñamente ó calor da amizade e do bo facer.
Un local onde gozan tanto os que comen coma os que cociñan ou sirven; por iso un dos seus maiores logros é converter os clientes ocasionais en fieis comensais e estes en amigos, unha fórmula que leva sumando devotos vintacinco nos xa e que continúa dando moitas satisfaccións a todos os que comparten ese emblemático espazo.
Fecha: 17 de Junio de 2021 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura