Hoxe ímonos de viaxe á Ribeira Sacra. Empezaremos a nosa visita en Monforte de Lemos, onde coñeceremos o Pazo Muíños de Antero da man do seu propietario, Matías Yañez Carballada. Posteriormente achegarémonos até a adega Regina Viarum, situada entre Monforte e Sober, nun enclave privilexiado bañado polo río Sil
Unha excursion cultural i enriquecedora para todos nos, có disgusto de algúns e algunhas decidimos madrugar porque queríamos facer duas visitas que vos imos contar. O Pazo dos Muiños de Antero está na saída de Monforte cara a Castro Caldelas ó pe da estrada Lugo novecentos tres.
Manuel Gago no seu blogue (que vos recomendamos) chámao "Unha mansión nas sombras..."Pero...non vos imos adiantar nada sobre o pazo. O seu proprietario Matías Yáñez Carballada , está a esperarnos para unha visita guiada...e ninguén millor ca el para ir contándonos a historia do Pazo.
Este documento sonoro foi gravado no percurso da visita, pedimos desculpas por algunha deficiencia no sonido.
---------------------------------------------------------------
Despois de tomar un café para quentar o corpo, dirixímonos á Adega Regina Viarum para visitala e facer unha cata do seu viño.
A entrada da Adega xa nos parece singular, é un camiño limitado a ambos lados por uns altos cipreses e pequenas estatuas
que nos lembra á entrada de unha vía romana. Foron os romanos os que iniciaron o cultivo da vide nestes difíciles terreos, de
bancaies estreitos e grandes pendentes. E neste entorno é doado comprender por qué a Ribeira Sacra está dentro do que se
denomina viticultura heroica.
Xa na porta da adega, obra do Arquitecto Juan Carlos Cabanelas, agárdanos o seu enxeñeiro técnico agrícola, Suso Prieto, que nos vai facer de guía neste percorrido polo proceso de produción destes afamados viños.
-------------------------------------------------------
Despois destas visitas tan intensas , xantamos no Bodegón de Monforte de Lemos e ainda nos quedaron tempo efolgos para facer unha visita á cidade..
Fecha: 20 de May de 2021 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura