5x15 Dia das Letras Galegas adicado a Xela Arias . Ema Pedreira (escritora). Antón Alcalde (músico)

...

5x15 Dia Das Letras Galegas Adicado A Xela Arias . Ema Pedreira (Escritora). Antón Alcalde (Músico)

O luns 17 de maio voltaremos a celebrar o día das Letras Galegas e si, celebrar, despois da edición tan estrana do ano pasado.Neste 2021 cúmprense 59 anos da institución deste día de conmemoración das nosas letras, cuxa data coincide coa publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. E se a primeira homenaxe foi para Rosalía de Castro, neste ano hónrase a outra muller: Xela Arias. En todo o tempo  transcorrido entre as dúas, a Real Academia Galega soamente recoñeceu a labor doutras tres mulleres a prol da lingua e cultura galegas: María Mariño, María Victoria Moreno e a coruñesa Francisca Herrera Garrido. De todas Xela é a máis nova.

 Xela Arias naceu en Sarria en 1962, e os sete anos trasladouse coa súa familia a Vigo. Aos 17 anos abandona os estudos e comeza a traballar en Edicións Xerais, onde fixo de oficinista, investigadora, correctora de estilo e editora. Nesa época tamén comeza a publicar en xornais e revistas. As súas inquedanzas literarias e culturais lévana a embarcarse en diversos proxectos, como a revista Viceversa, revista galega de tradución, o  Boletín Galego de Literatura ou a revista cultural feminista Festa da palabra silenciada. Escritora polifacética e tradutora, Xela Arias, é coñecida  sobre todo por seus poemas, ainda que o seu primeiro libro “Contos dos nenos” é de relatos. Nesta  obra inclue o contp " A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardina” có que ós 11 anos gañou o concurso de Contos Infantís do Facho.

Xela Arias vivirá millóns de anos a través da súas verbas. Pronto chegaría o seu primeiro poemario “Denuncia do equilibrio”. Esta obra na que a autora antepón o fondo  forma e a sintáxe, foi finalista na ediciónde 1986 do premio Losada Diéguez. 

En 1990 publica “Tigres coma cabalos”. Un libro moi orixinal no que cada poema vai acompañado dun espido, algún da propia Xela, retratado pola cámara de Xulio Gil quen sería a súa parella. Neste mesmo ano publícase “Contos eróticos. Elas”, unha das primeiras obras colectivas nas que participa. Máis adiante será unha das voces de obras como  “Rosalía na palabra de once mulleres galegas”, e quedaría rexistrada na memoria sonora galega.

Cursará Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago, titulación que a levará a exercer a docencia en diversos institutos de secundaria. Con motivo do nacemento do seu filloo, en 1994, publica o poemario “Darío a Diario” no que  versifica tódalas  súas experiencias e contradiccións como nai.  Unhas contradiccións, pero dende a perspectiva de persoa e sociedade, que volverán a facerse patentes na súa última obra, “Intempériome”, publicada pouco antes da  súa morte en 2003

Na súa faceta de tradutora achegounos diversas obras da literatura francesa, irlandesa, lusa, americana… Unha labor que foi recoñeceida con premios como o da Sociedade da Lingua Portuguesa, o Ramón Cabanillas e o Plácido Castro a título postumo

Xela Arias colaborou co grupo vigués Desertores, que lle puxo música a algún dos seus poemas, o que amosa a súa perspectiva integral da arte pero tamén o seu compromiso. Así participu en diferentes  recitais político-musicais: en contra da entrada de España na OTAN; as consecuencias do Prestige; a guerra de Iraq…  En definitiva Xela Arias constituiu unha voz única e contestataria no eido das nosas letras. Da lectura dos seus poemas podemos deducir que todo nela xira en torno a tres temas: o amor, a morte e a alienación do home pola sociedade, uns temas que atravesan a súa obra.

                                                           ---------------------------------------------------

E de Xela Arias tivemos a oportunidade de falar coa Escritora Emma Pedreira

Emma Pereira Lombardía Licenciada en Filoloxía Hispánica, é unha poeta e narradora  encadrada na Xeración dos 90. Formou parte da Plataforma de crítica feminista A Sega entre 2016 e 2019. En 2018 colaborou na revista Ligeia.

En 2018 gañou o Premio da Crítica Española en Lingua Galega polo seu libro Bibliópatas e Fobólogos.

En xuño de 2018 gañou o Premio Xerais de novela, por Besta do seu sangue, obra da que o xurado asegurou que supón unha proposta "de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros".

En 2019 gañou o premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles no que o xurado salientou "a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres". O dito libro foi considerado o mellor libro xuvenil do ano pola revista electrónica Fervenzas Literarias e fíxose co galardón de mellor obra xuvenil na  Gala do Libro Galego 2020

                                                            -----------------------------------------------------------

Antón Alcalde nado en Rianxo en 1992.  é un compositor, editor e conferencista español afincado en Taiwán. A súa obra foi estreada e interpretada en máis de 30 países: dende Norte América ata Oceanía, pasando por Sur América, Europa e Asia. Alcalde obtivo encargos de importantes organizacións e solistas nacionáis e internacionáis como son: o Consello da Cultura Galega, o Certamen Internacional de Bandas 'Vila de la Sénia', a Bevers Harmonieorkest, a Izumo Symphonic Band Enishi, o Festival de Cine 'Curtocircuito', a Real Filharmonía de Galicia, o quinteto Hércules Brass e os solistas Alexandre Doisy, Roberto Oliveira e Hiroko Yamakawa entre outros. 

Con 13 anos, a súa obra 'Concertino' para solo-timbáis foi estreada polos estudiantes de Nick Woud no Conservatorio Superior de Música de Ámsterdam (2015). Con 15 anos, Alcalde obtén o primeiro premio no II Concurso de Composición Iberoamericano para Banda (2009), obtendo tamén o primeiro premio en tódalas categorías do II Concurso Galego de Composición para Banda, repetindo galardón ata en 5 ocasións consecutivas, incluíndo a terceira e cuarta edición do concurso (2010 e 2011 respectivamente), sendo o compositor máis novo en recibir o galardón. Obtén tres medallas simultáneas (prata e dous bronces) nos 'Global Music Awards' (San Diego, California) e recibe dúas nominacións aos 'Hollywood Music in Media Awards' (Os Ánxeles, California). No 2016 estrea a obra electroacústica 'Holograms' a cargo de Roberto Oliveira, no 'Extravaganza Percussion Festival' celebrado na Real Academia de Música de Irlanda (Dublín) e no 2017, Alcalde é seleccionado como compositor residente no prestixioso programa da 'ArtsIceland Institute' de Islandia. No 2019 gaña o premio 'Francisco Guerrero Marín' no 'XXX Premio Jóvenes Compositores Fundación SGAE-CNDM' coa súa obra 'Firefly -after Tokyo Blues-', estreada da man do ensemble Koen 2, dirixidos por José Ramón Encinar. En abril do 2020, a súa obra 'Sculptures in Brass' é seleccionada polo seminario Juilliard Brass Quintet, impartido polo prestixioso quinteto de metáis 'American Brass Quintet' (Nova York).

Dende o 2016 e baixo o selo Aalcalde Music, ven desenrrolando o seu propio proxecto editorial. Forma parte da Asociación Galega de Compositores dende o ano 2011

Actualmente reside en Taiwan dende onde nos fala...

 

Podcast

Lista de programas

Fecha: 6 de May de 2021 a las 13:00

Programa: RadioSénior

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

PARTICIPANTES

Agustín Cabezudo García

Presentador

Agustín Cabezudo García

Presentador

María Jesús García Abeledo

Presentador

María Jesús García Abeledo

Presentador

Concepción Maneiro Santamaría

Presentador

Concepción Maneiro Santamaría

Presentador

Puerto Pérez Domínguez

Presentador

Puerto Pérez Domínguez

Presentador

Luis Santillana Ferrero

Presentador

Luis Santillana Ferrero

Presentador

Silvia Larrosa

Presentadora

Silvia Larrosa

Presentadora

Julio César Carballada

Presentador

Julio César Carballada

Presentador

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo