4x6 Falamos do 25N, de Zocamiñoca e outras cousas...

...

4x6 Falamos Do 25n, De Zocamiñoca E Outras Cousas...

O lema que este ano o Concello da Coruña propuxo o día 25 de novembro para acabar coa violencia de xénero é: “NON É POSIBLE SEN VÓS”. E é unha afirmación acertadísima. O problema é de todos e todos temos que estar implicados.
Xa contamos con eses homes responsables que senten fillos, compañeiros de vida, pais, amigos, e agora tamén queremos contar cos outros, sobre todo cos que están calados.
Hoxe todos os compoñentes de Radio Sénior quixemos lembrar a ese colectivo de mulleres do mundo rural que se visualizan moi pouco en todas as campañas.

Este ano 2019 é o 10o aniversario de Zocamiñoca, unha cooperativa de consumo consciente, responsable, ecolóxico e sostible ubicada na Coruña.
Naceu con espírito transformador, dende a premisa de que todas as persoas, como consumidoras que moven a maquinaria da economía capitalista actual, temos un gran poder nas nosas mans cando tomamos a decisión de “que” mercar, “como”, “cando”, “onde” e “a quen”.
Zocamiñoca é un proxecto de economía social participativo e asembleario no que as persoas son o máis importante. Foi constituída como cooperativa sen ánimo de lucro con 68 socias, que se uniron voluntaria e desinteresadamente para traballar en común.
Hoxe en día a cooperativa está conformada por 150 socias, tamén chamadas unidades de consumo, o que implica a unas 300 persoas, das cales unha é socia traballadora na tenda que a cooperativa ten na rúa Concordia.

A súa actividade principal é a de prover de produtos ás socias, procurando sempre que estes produtos sexan adquiridos directamente ás produtoras, sen intermediarios, e procurando que cumpran uns criterios de:
-ecoloxía, e tamén ecoloxía social
-custo enerxético mínimo
-fomento da soberanía alimentaria
-procura da dignificación do rural e das relación directa coas produtoras
-ética empresarial das provedora

Tamén procura crear redes con outras entidades afíns como Fiare Banca Etica (unha cooperativa de crédito) ou Som Energia (unha cooperativa de enerxía verde) e participando e organizando eventos como feiras, obradoiros e visitas ás súas produtoras.

Zocamiñoca foi obxecto de estudo do proxecto da Universidade da Coruña GLAMURS (Green Lifestyles, Alternative Models and Upscaling Regional Sustainability -Estilos de vida verde, modelos alternativos e cambios cara a sostibilidade-). Proxecto dirixido por Adina Dumitru e Ricardo García Mira, explora interaccións entre factores económicos, sociais, culturais, políticos e tecnolóxicos que inflúen nos estilos de vida e no desenvolvemento dunha economía verde.


A celebración deste 10o aniversario terá lugar durante esta fin de semana, sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro, no Centro Cívico de Montealto, no Campo da Leña e no Centro municipal de empresas Papagaio e estará cargada de actividades de balde (algunhas delas previa inscrición) como concertos, faladoiros, mostras de produtos ou monólogos.
Podedes atopar máis información na web ​zocamiñoca.org​ ou na páxina de facebook Zocamiñoca Soc. Coop. Galega.

 

Podcast

Lista de programas

Fecha: 28 de Noviembre de 2019 a las 13:00

Programa: RadioSénior

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

PARTICIPANTES

Agustín Cabezudo García

Presentador

Agustín Cabezudo García

Presentador

María Jesús García Abeledo

Presentador

María Jesús García Abeledo

Presentador

Concepción Maneiro Santamaría

Presentador

Concepción Maneiro Santamaría

Presentador

Puerto Pérez Domínguez

Presentador

Puerto Pérez Domínguez

Presentador

Luis Santillana Ferrero

Presentador

Luis Santillana Ferrero

Presentador

Silvia Larrosa

Presentadora

Silvia Larrosa

Presentadora

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo