Hoxe estivo connosco Xosé Paulo Rodriguez Domínguez, director do Teatro Roasia De Castro para falarmos da importante tarefa que supón por ó alcance dos cidadáns o acceso ó teatro, concertos , danza.... dende un ente público que ademáis é referente a nível estatal,
Xosé Paulo Rodríguez Domínguez é o Director do Teatro Rosalía Castro da Coruña, traballa na Xestión cultural desde 1995
Xosé Paulo Rodríguez Domínguez (Entrimo 1969)
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC e DEA en Galego-Portugués e Estudos Románicos pola UDC. Ampliou a súa formación como Especialista en Teatro na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo da Universidade do Porto (Portugal) e Posgrao en Xestión Cultural na Universitat Oberta de Barcelona. Varios cursos de especialización, entre outros, Semiótica (UNED).
A súa experiencia na Xestión cultural: Director do Teatro Rosalía Castro da Coruña (desde 2011), Presidente de La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública (2014-17), Director-Xerente do Auditorio de Galicia (2006-11), Técnico de cultura e Director da Aula de Teatro na UDC, Director da aula de Teatro do Campus de Lugo da USC. Integra: As comisións de La Red: Ballet, Danza e Artes do Movemento, Inclusión Social e AAEE e a de Internacional, o Consello Estatal de las Artes Escénicas y de la Música e o seu Comité Ejecutivo.
(2014-17), Comisión Artística da Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC).
Fundou a súa propia compañía de teatro e traballou con varias compañías profesionais de teatro como actor e director.
Ten varias publicacións sobre teatro.
Fecha: 31 de Octubre de 2019 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura