4x12 Ana Romero Masiá (escritora, investigadora...) , Merche e Lolecha (cigarreiras)

...

4x12 Ana Romero Masiá (Escritora, Investigadora...) , Merche E Lolecha (Cigarreiras)

O

 

Dende o ano 1975 no que a ONU formalizou o “Día Internacional da Muller” o 8 de marzo, a loita por lograr a  igualdade de dereitos das mulleres con respecto aos homes non cesou.

Con anterioridade houbo movementos que podemos considerar precursores; como as loitas que tiveron lugar a finais do século XIX e principios do XX, esixindo dereitos civís, sociais, políticos e relixiosos para as mulleres.

Estamos no 2020, un ano máis, e non se conseguiu a igualdade de dereitos entre mulleres e nenas diante dos homes.

Ningún país pode dicir que logrou levar a cabo plenamente os acordos que  chegaron (hai 25 anos xa)coa participación de 189 países en Beijing, o que se chamou Plataforma de Acción de Beijing a favor do empoderamento das mulleres.

O lema de este ano é: ”Son da  Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres”

O 2020 representa unha oportunidade excepcional para a acción global e para lograr a igualdade de xénero e a realización dos dereitos humanos de todas as mulleres e nenas.

Hode están connosco , para reivindicar e recordar esta data...

Merche e Lolecha, son dúas mulleres coruñesas pertencentes a un gran grupo de mulleres loitadoras: as cigarreiras. Merche é do último grupo que entrou a traballar na tabacalera da Coruña, no ano 1965. Falarannos da súa vida como cigarreiras.

Con elas está tamén Ana Romero Masiá, nada en Compostela onde estudou Historia. É Doutora pola UDC, escritora e arqueóloga. Entre moitas publicacions súas está “A fábrica de tabacos da Palloza: producción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas” e “O orballo da igualdade: asociacionismo feminino progresista na cidade da Coruña “ “Salgadeiras e conserveiras de pescado en Galicia: evolución histórica e o traballo das mulleres”

Obras de investigación social e arqueoloxica ...e moitas máis. 

Podcast

Lista de programas

Fecha: 5 de Marzo de 2020 a las 13:00

Programa: RadioSénior

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

PARTICIPANTES

Agustín Cabezudo García

Presentador

Agustín Cabezudo García

Presentador

María Jesús García Abeledo

Presentador

María Jesús García Abeledo

Presentador

Concepción Maneiro Santamaría

Presentador

Concepción Maneiro Santamaría

Presentador

Puerto Pérez Domínguez

Presentador

Puerto Pérez Domínguez

Presentador

Luis Santillana Ferrero

Presentador

Luis Santillana Ferrero

Presentador

Silvia Larrosa

Presentadora

Silvia Larrosa

Presentadora

Julio César Carballada

Presentador

Julio César Carballada

Presentador

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo