O
Dende o ano 1975 no que a ONU formalizou o “Día Internacional da Muller” o 8 de marzo, a loita por lograr a igualdade de dereitos das mulleres con respecto aos homes non cesou.
Con anterioridade houbo movementos que podemos considerar precursores; como as loitas que tiveron lugar a finais do século XIX e principios do XX, esixindo dereitos civís, sociais, políticos e relixiosos para as mulleres.
Estamos no 2020, un ano máis, e non se conseguiu a igualdade de dereitos entre mulleres e nenas diante dos homes.
Ningún país pode dicir que logrou levar a cabo plenamente os acordos que chegaron (hai 25 anos xa)coa participación de 189 países en Beijing, o que se chamou Plataforma de Acción de Beijing a favor do empoderamento das mulleres.
O lema de este ano é: ”Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres”
O 2020 representa unha oportunidade excepcional para a acción global e para lograr a igualdade de xénero e a realización dos dereitos humanos de todas as mulleres e nenas.
Hode están connosco , para reivindicar e recordar esta data...
Merche e Lolecha, son dúas mulleres coruñesas pertencentes a un gran grupo de mulleres loitadoras: as cigarreiras. Merche é do último grupo que entrou a traballar na tabacalera da Coruña, no ano 1965. Falarannos da súa vida como cigarreiras.
Con elas está tamén Ana Romero Masiá, nada en Compostela onde estudou Historia. É Doutora pola UDC, escritora e arqueóloga. Entre moitas publicacions súas está “A fábrica de tabacos da Palloza: producción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas” e “O orballo da igualdade: asociacionismo feminino progresista na cidade da Coruña “ “Salgadeiras e conserveiras de pescado en Galicia: evolución histórica e o traballo das mulleres”
Obras de investigación social e arqueoloxica ...e moitas máis.
Fecha: 5 de Marzo de 2020 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura