“Hoxe , con motivo do 40 aniversario da Constitución, contamos
con dous personaxes galegos, salientables da política que teñen vivido
aquel momento e agardamos ansiosas que nos falen dende as súas
vivencias: Pilar García Negro e Francisco Cerviño.
Pilar Garcia Negro é profesora, escritora, sociolingüista, investigadora....
por esta ou outra orde... É doutora en filoloxía hispánica e Galega pola
Universidade de Santiago de Compostela.
Por dar aulas sempre en galego abríuselle expediente sancionador en
1983.
A súa intervención en congresos nacionais e internacionais sobre lingua e
feminismo, así como as publicacións e estudos é tan longa que non
teríamos tempo no programa para enumeralos. Mais si compre destacala
como a maior estudosa da nosa Rosalía De Castro.
Foi presidenta da asociación Alexandre Bóveda, colaboradora da ASPG e
da mesa pola Normalización Lingüística. Na actualidade é diretora
xerente da fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
Entre 1989 e 2003 foi Deputada no Parlamento de Galicia polo BNG.
Defensora da legalidade do topónimo galego de A Coruña, Pilar García
Negro foi Xulgada en 2006 por inxurias e desorde pública logo dun pleno
no Concello da Coruña no que o alcalde Paco Vázquez pretendía
cooficializar os topónimos.
“Tamén está con nós Francisco Cerviño coñecido como Tuco.
Nado en Pontevedra, Tuco Cerviño estudou Medicina en Compostela e
fixo a especialidade de nefroloxía no hospital Puerta de Hierro (Madrid).
Incorporouse ao Complexo Hospitalario da Coruña, centro do que foi
director (xerente) dende 1983 a 1991, ano no que pasou a desempregar
o mesmo posto no hospital Gregorio Marañón en Madrid.
Foi activo en política dende os tempos da universidade, participando
activamente contra a ditadura franquista.
Militou na Asemblea Nacional-Popular Galega( AN-PG ), na Asemblea
Popular Galega e no Partido Obreiro Galego. Foi membro de Esquerda
Galega e do PSG-EG dende a fundación ata 1990.
Estivo como deputado, catro lexislaturas e foi vicepresidente do
Parlamento de Galicia.
Foi concelleiro de Oleiros, vicesecretario xeral do PS de G, deputado no
Parlamento de Galicia e presidente da comisión de estudos
parlamentarios para a Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Fecha: 6 de Diciembre de 2018 a las 12:30
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura