“De cara a dar continuidade ao título de graduado sénior,
ademáis dos talleres e actividades que estes anos nos permitiron
coñecer e convivir a colegas de diferentes promocións, acaba de
anunciarse a creación dun programa de formación específica en
‘Novos Retos en Sustentabilidade’”
“Para falarnos desta e outras novidades para o vindeiro
curso, convidamos ao estudio a Vicerreitora de Oferta Académica
e Innovación Docente, Nancy Vázquez, e á Directora da
Universidade Sénior, Matilde García”.
“Nancy Vázquez Veiga é Vicerreitora de Oferta Académica e
Innovación Docente, vicerreitoría a que pertencen –entre outros-
o Programa Universitario de Maiores da Universidade da Coruña.
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de
Compostela e doutora pola Universidade da Coruña, é docente da
Universidade da Coruña dende 1996”.
“Como investigadora o seu ámbito de especialización son os
marcadores do discurso, materia sobre a que publicou diversos
textos, e é integran de varios proxectos e redes de investigación
relacionadas co estudo do léxico e das tecnoloxías lingüísticas.
No eido da xestión académica foi coordinadora de dous programas
de doutoramento e dous mestrados interuniversitarios. Asemade
forma parte da Comisión de Estudos Propios de Posgrado da UDC
dende 2011 e é secretaria académica do Centro de Linguas dende
o curso 2004-2005”.
“Tamén nos acompaña Matilde García, Directora da
Universidade Sénior dende o curso 2015-2016, a quen temos
temos o pracer de volver a sentar diante dos nosos micrófonos.
Para quen non a coñeza, Matilde García é diplomada universitaria
en Enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela, con
Máster en Enfermería Comunitaria pola Universidade da Coruña.
Tamén é licenciada en Antropoloxía Social e Cultural pola
Universidade Católica de San Antonio de Murica e Doutora pola
Universidade da Coruña, universidade na que imparte docencia
dende 1992”.
Fecha: 13 de Junio de 2019 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura