Mariola Mourelo Pérez é unha activista feminista da Coruña. Naceu en 1973 no barrio das Conchiñas, na Coruña, e agora vive en Oleiros.
Comezou no feminismo organizado na Marcha Mundial das Mulleres para logo crear e ser parte de grupos e iniciativas de feminismo autónomo como as “Xornadas de autoformación feminista”, “Encontros de Feministas Autónomas”, Cafés Feministas, 8 de marzo non é un día é toda unha vida, Açom Rabuda e na Feira Laborando de proxectos laborais feministas.Sai dez anos Mariola iniciou o proxecto laboral ffotoeduca que trata sobre o feminismo, a fotografía e a educación, e desde 2015 é co-fundadora da revista feminista “Revirada”.
Mariola está interesada fundamentalmente na auto-organización e o traballo en redes, no feminismo comunitario e a aplicación práctica deste para mellorar o día a día de todas. Nesa labor está aprendendo nos últimos tempos dos feminismos negros, xitanos, anti-colonialistas e árabes.
O feminismo para ela é a ideoloxía que máis se cuestiona a si mesma e ao mundo, e por esa mesma razón a que pode ser máis útil para crear unha sociedade radicalmente máis igualitaria e máis feliz”.
Fecha: 28 de Febrero de 2019 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura