“Hoxe en RadioSénior, botamos a ollada ao mar, tan
preto e tan lonxe, da man dun escrito da nosa compañeira
Concha Maneiro”.
Como todos sabemos, no Mediterráneo levan morto
miles de persoas, para vergoña nosa, que intentan chegar a
Europa escapando das guerras e da fame, como fixemos
sempre os galegos, buscando un mundo mellor.
Hai ONGS que tentan axudalos cando están á deriba nunhas
lanchas precarias a piques de se afundir. Este verán unha
organización da ultradereita europea, fletou un barco para
estorbar as axudas destas ONGs e impedir que salvaran aos
migrantes, según eles para “Defender Europa”.
Con pintadas e bandeiras xenófobas fixéronse ao mar. Parece
que non conseguiron os obxectivos que pretendían, sobre todo
polas malas condicións do barco. Por fin, os activistas
xenófobos , desembarcaron en Malta pero deixaron o barco
con oito tripulantes oriúndos de Sri Lanka sen medios nin porto
onde arribar porque ninguén os quería aceptar. Agora están
no porto de Barcelona onde por fin se lles permiteu o atraque,
por razóns humanitarias.
RadioSenior púxose en contacto co Apostolado do Mar “Stella
Maris” en Barcelona. Esta é unha organización relixiosa que
realiza unha grande labor social coa xente do mar en todos os
portos do mundo. Contestounos o seu Director, Ricardo
Rodriguez-Martos. Cóntanos que o barco ten a casa armadora
en Gran Bretaña, bandeira de Mongolia!!! e o armador é
sueco. Os tripulantes levan meses sen cobrar o soldo. O barco
chegou a Barcelona a finais de setembro e fica alí detido. O
armador fixo declaracións de que ía pagar pero ata o de
agora... nada. Nos primeiros días a Cruz Vermella do Mar
suministroulles algún alimento e tamén o fixo Cáritas. Polo
demáis, Stella Maris é a que está a cubrir as súas necesidades
alimenticias e humanas.
Estas situacións supoñen un grande sufrimento para as
tripulacións e as súas familias.
Ao final, ante a falta de resposta concreta do armador e coa
axuda da Federación Internacional de Transporte (ITF) estanse
ultimando as xestións para presentar demanda de embargo do
barco en defensa dos soldos dos tripulantes e tamén se vai
preparar a repatriación ao seu país. Dinos o Sr. Rodriguez-
Martos que estas situacións eran frecuentes hai anos, pero
afortunadamente, nos últimos seis anos non viran un caso así.
Estes son os danos colaterais dos elementos xenófobos de
“Generación Identitaria” e tamén dun sistema das leis no mar,
máis de piratas que legais e de dereito.
Fecha: 11 de Enero de 2018 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura