Hoxe temos a sorte de ter connosco a Ricardo García Mira, Catedrático de Psicoloxía Social na Universidade da Coruña e Catedrático Honorario e vinculado como Profesor Visitante no seu Instituto de Investigacións Políticas.
da Universidade de Bath no Reino Unido (para o período 2016-2020). Actualmente é diputado nacional no Congreso, onde desempeña o posto de Portavoz de Cambio Climático na Comisión para a Transición Ecolóxica. Completou a sua formación e experiencia investigadora na Universidade do Estado de Texas (como International Visiting Scholar en 2001) e na Universidade de Surrey (como Visiting Reader no periodo 2003-2012).
Dirixiu o consorcio de investigación europeo LOCAW sobre reducción de emisións nos lugares de traballo en 2011-2013, asi como o consorcio europeo GLAMURS sobre estilos de vida sustentables e economía verde en 2014-2016, Ambos baixo o patrocinio da Comisión Europea.
Tamén foi profesor de Psicoloxia na Universidade Senior no Campus de Ferrol e prifesor tutor de Psicol. Social na UNED.
Recentemente nomeado
"FELLOW (Académico)" da Asociación Internacional de Psicología Aplicada (IAAP), a asociación de Psicoloxía máis antigua do mundo.
|
|