CONTIDO
De que vai? Radio Pat(i)o ten unha producción radiofónica familiar, entretida, e para todos os públicos. Haberá información puntual, saberedes o que precisedes saber, pero a maior parte do tempo queremos adicala a evadirnos e evadirvos desas catro paredes.
“Que pasa nas redes” Haberá tempo para analizar a información que circula nas redes sociais na nosa sección “Que pasa nas redes” e emitiremos tamén no programa as vosas mensaxes que nos facedes chegar no noso twitter e Facebook.
Tertulias. Tódalas tardes temos dúas seccións fixas nas que conversamos con amigos de CUAC FM: “Coruñeses polo mundo”, no que entrevistamos a xente da Coruña que vive noutros países do mundo, e “A Tertulia” na que falamos con xente da Coruña sobre diferentes temáticas de actualidade.
“Formación en tempos do Cólera”. Nesta sección compartimos recursos educativos accesibles dende as nosas casas, programas educativos para nenos, xóvenes e adultos cos que poderemos seguir formándonos mentras estamos confinados.
A cultura e as expresións artísticas tamén teñen cabida en Radio Pat(i)o con seccións adicadas ao mundo das series “Esta serie ¿Si o Non?“, do cinema, dos videoxogos, da música coa sección “A banda sonora do cautiverio“, e a escrita coa sección de recomendacións literarias.
Comunicación. Desmontamos bulos sobre o coronavirus na sección “o Coronabulo” e falamos en xeral do que acontece nos medios de comunicación con “Ta-se ben na casa“.
Na sección “La vuelta al mundo en 15 minutos” levaremos ás vosas casas as mellores recomendacións para visitar unha cidade, que visitar e como chegar e que anécdotas nos teñen pasado que poden ser interesantes se queres organizar unha viaxe cando remate o confinamento.
O humor chega a Radio Pat(i)o coa nova sección Virusbusters! onde con moito inxenio atopamos formas definitivas para acabar co Coronavirus.
“Lo que nos queda” aborda crisis pasadas nas que se introduciron cambios lexistativos e sociais que lembramos nestes duros momentos pero dos que aprendemos e melloramos como sociedade. Todo isto e moito máis en Radio Pat(i)o,
Fecha: 31 de Marzo de 2020 a las 18:00
Programa: Radio Patio
categoría: Sociedad y cultura