1x1 Oza-Gaiteira-Os Castros: Barrios 2030

...

1x1 Oza-Gaiteira-Os Castros: Barrios 2030

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros leva máis de 50 anos traballando para mellorar a calidade de vida do barrio, a través do traballo colectivo, tratando de manter unha posición aberta para o debate crítico e construtivo co fin de comprender e mellorar a realidade do barrio.

Desde hai máis de 50 anos desenvolve unha axenda completa de actividades que pode gozar a cidadanía no seu conxunto e que fan do barrio Oza Gaiteira Os Castros un dos máis participativos do Concello da Coruña.

Este ano 2022 dan un paso máis para aumentar a participación e a repercusión das súas accións entre a cidadanía, desenvolvendo un proxecto pioneiro de participación cidadá que da orixe a este programa de radio.

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e as súas 169 metas son unha das expresións máis significativas e cuantificables da cidadanía mundial. As Nacións Unidas aprobaron os ODS no seu septuaxésimo período de sesións da Asemblea Xeral, celebrado en setembro de 2015. A súa consecución final quedaría plasmada nun mundo composto por cidadáns mundiais que se ocuparían de: "crear un mundo cunha paz duradeira, un mundo sen pobreza nin fame e onde todas as persoas gocen de saúde e educación. Un mundo onde honremos e protexamos a vida baixo a auga e na terra, un mundo de paz e xustiza para todos".

Baixo a premisa de que a cidadanía é un axente clave na consecución dos fins da Axenda 2030 este proxecto pretende xerar espazos de participación e reflexión, espazos para crear novos imaxinarios sobre modelos de vida máis respectuosos a nivel social ambiental e económico, á vez que melloramos o coñecemento da poboación sobre os ODS e as súas metas.

Barrios 2030 é o programa de radio de CUAC FM sobre os ODS e a Axenda 2030.  Emitimos cada 15 días os venres de 13 a14 horas no 103.4 FM e en http://cuacfm.org/directo.

Dirección : Ariana F. Palomo

Produción: Paulo Sexto e Eva Castro

Dirección Técnica:  Isabel F. Palomo

Síguenos en:

- Twitter

- Facebook

- https://www.redeoza.org/

Podcast

Lista de programas

Fecha: 23 de Septiembre de 2022 a las 13:00

Programa: Oza-Gaiteira-Os Castros: Barrios 2030

categoría: Gobierno y organizaciones

RSS:

PARTICIPANTES

Ariana Fernández Palomo

Ariana Fernández Palomo

Isabel Fernández Palomo

Isabel Fernández Palomo

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo