No programa de hoxe mantemos unha conversa con Jesús Rodriguez integrante da plataforma "Salvemos Carabanchel" que reivindica o antigo cárcere de Carabanchel, xa derrubado. É autor do libro "El derribo de la vergüenza" onde se analiza e se documenta tan triste destino dun edificio tan emblemático como o que polo que apostamos no Proxecto Cárcere.
Falamos tamén con María Torres, editora e fundadora do blogue "Búscame en el ciclo de la vida" co tema da memoria histórica como eixo central, como tamén o é o de "memoria do cárcere" do cal nos fala Carmen García Rodeja.
Música:
Sintonía Liberdade. Gonçalo Guerreiro
Día de lluvia. Naranja imaginario
Tengo libertad. Los Chunguitos (concerto gravado no cárcere de Carabanchel)
Jailhouse rock. Roberto Racciapaglia
Date: March 18, 2016, 8 p.m.
Programme: Ondas do Cárcere
Category: Society & Culture