MARATON: CUAC RESISTE

...

MARATON: CUAC RESISTE

Hoxe, 30 de setembro, ás 21:00 comeza o Maratón Radiofónico co que as socias e socios de CUAC FM despediremos a emisión por frecuencia modulada, ás 01:03:40 da noite do domingo ao luns 2 de outubro.

Serán 28 horas 3 minutos e 40 segundos consecutivas de emisión, producidas polas voluntarias da emisora, así como antigos colaboradores que se sumaron a este programa especialA partires dese momento, CUAC FM apaga a súa emisión no dial do 103.4 da FM.

Esta decisión é ocasionada polo expediente sancionador aberto pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia pola emisión sen licencia.

Hoxe CUAC FM quere seguir sendo un espazo aberto a comunidade, polo que vos podedes achegar nesta despedida pola Zapateira para despedir o 103.4 FM, participade a través do chat do directo CUAC FM, no teléfono de directo 881 01 22 32 ou deixando mensaxes e audios no Whatsapp no número 644737303

Se non nos podes escoitar na FM, sempre está dispoñible o streaming por internet en https://cuacfm.org/directo ou descargar a App movil (Android) (iPhone)

Quen teña honra, que nos siga. #CuacResiste

A programación das máis de 28 horas consecutivas de directo constará dos seguintes espazos radiofónicos especiais:

Hora Programa
21:00
Y a tí qué te importa?
22:00
Simplemente gente
23:00
Mi rollo es el Rock
0:00
La Tarde a Nuestra Manera
1:00 Spoiler CUAC FM
2:00
El Desinformativo
3:00
El Desinformativo
4:00 PerforAcción
5:00 Daniel Paglia
6:00 Daniel Paglia
7:00 Daniel Paglia
8:00
La Radio de los Gatos
9:00 Nubes de Papel
10:00 Folk in Trío
11:00 EnBoxes
12:00 Radiantes
13:00
La hora del Rock and Roll
14:00 Lucas (Dentro de un Orden)
15:00 Radiocassette
16:00 Millennial
17:00 Recendo
18:00 Loco Iván
19:00 Lali & Friends
20:00 Cuak'n'roll
21:00
Héctor Está a Pasar
22:00 Sin Etiquetas
23:00 Circo Pirata
0:00
Especial Jam session peche
1:03:40 … pasamos a Internet

Programme Details

Language: Galician

Category: Society & Culture

RSS:

Episodes

About

https://cuacfm.org/

Social Links

Our Address

comunicacion@cuacfm.org

This website is running RadioCo