Onde vive a xente normal? En submarinos, por suposto. Pero hai outra xente que non, que vive en sitios raros. Así que falamos de casas on the Rock de Wisconsin, da casa sobre patas de galiña de Baba Iaga, da Casa en el Cielo onde Adrés Dobarro pasaba Todo el Largo Verano, de casas de xente malísima coma Fraga, Picasso e Franco, de casas de xente que canta coma Crosby, Stills, Nash & Young, Madness e The Beatles (estes si viven nun sitio normal) e de casas de mmmmmchocolaaaateeeee.
A Capitana Ibárruri debía estar moi ben na súa casa que non apareceu, polo que xa sabedes, tocou motín, esta vez xestionado pola bolseira Mirova, que o fixo bastante ben pero aínda ten que seguir practicando en futuros motíns.
Fecha: 14 de Enero de 2022 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos
Gloriosa Capitáner Svetlana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Camarada Esmendrellev, IMM
Beoska Ulalumova, Oficial de Pandemias
Camarada Valentina Mirova, becaria