As drogas, sustancias aliadas do capitalismo porque axudan a mantelo. Personaxes históricas como Truman Capote, Louisa May Alcot, Sigmond Freud, Santa Teresa ou Tojeiro lograron a fama, en grande parte, debido ás drogas. No comunismo non precisamos drogas, porque temos a felicidade de serie. E o vodka, como ben sabedes, é alimento que forma parte da dieta caucásica.
No programa falamos de drogas na ficción e na realidade, na relixión, no cine, na literatura e na música. E tamén falamos dos misterios dos cemiterios con Fátima Elías, que ven de publicar o libro "A Voz dos Mortos", que conta moitos dos seus segredos. Ademáis tivemos a música de Drug Churh e de The Strokes.
Fecha: 8 de Noviembre de 2019 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos
Gloriosa Capitáner Svetlana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Camarada Esmendrellev, IMM
Beoska Ulalumova, Oficial de Pandemias