Que ben senta volver ás ondas da radio pola noite, é o benestar que da a victoria.Temos tanta alegría no corpo que hoxe quixemos falar da radio, ese gran medio que permite que escoitedes tolemias coma a nosa. Falamos da radio, das historias da radio, de programas ranciuners e tamén de programas lexendarios. A radio mola moito, e máis se é a través de Cuac.
Para acompañarnos tamén estivo o glorioso Miguel Barbosa, especialista en "foley", que non é un deporte, é a arte de facer sons para películas e series para ambientar. Tamén tivemos a música de The Presidents of the USA, Lana del Rey e Rage Againts the Machine. Que a forza da radio estea con vós e co voso espírito. Grazas por estar aí.
Fecha: 23 de Noviembre de 2018 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos
Gloriosa Capitáner Svetlana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Camarada Esmendrellev, IMM
Beoska Ulalumova, Oficial de Pandemias