Tivemos hoxe un programa ben nucelar cun dos nosos temas favoritos; a cosmonáutica. A carreira espacial paseou no noso subnarino para recordar a heroes e heroíñas que formaron parte dos primeiros anos da exploración espacial. Con nós viaxaron Yuri Gagárin, Alekséi Leonov, Valentina Tereshkova, Sergéi Koroliov, Laika e tamén Buzz ou John. Non estiveron presencialmente, pero si o seu espírito aventureiro. Como tamén estivo Marcos Pérez Maldonado, o director dos museos científicos coruñeses, para falarnos do ciclo sobre cinema e ceo.
Na sala de radio tivemos a versión de "Space Oddity", de Bowie, interpretada por Puddles Pity Party, un xigantón de 2 metros que se disfraza de pallaso e que canta moi ben. E logo na inmersión falamos de cine ruso sobre Gagárin, Leónov e a Salyut 7, e sobre series, libros e tamén videoxogos.
Tamén tivemos a música de: Public Server Broadcasting, cos temas "Gagárin" e "Valentina".
E o grupo de rock psicodélico Yuri Gagarin co tema "Sea of Dust"
E tamén tivemso algún problema no ordenata que provocou que comenzáramos o programa 10 minutos máis tarde, algo que correxiremos na gravación.
Gracias por estar aí
Fecha: 15 de Diciembre de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos
Gloriosa Capitáner Svetlana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Camarada Esmendrellev, IMM
Beoska Ulalumova, Oficial de Pandemias