A maxia, esa enerxía misteriosa que fai que funcione Internet, a radio, os avións poidan voar e nos manteñamos pegados á superficie da terra. A maxia explica o inexplicable, o que non sabemos. É a nai da ciencia, e da paciencia. Cando non tes explicación ao que ocorre, a maxia é a solución. Fai como Pamiés, curas e homeópatas, fai maxia, porque da maxia falamos hoxe no submarino, que xa é bastante máxico, tendo en conta que funciona con enerxía nucelar.
Tivemos ao lexendario concelleiro de culturas e maxias da cidade de Corun-Ha, don José Manuel Sande, quen accedeu amablemente a contestar ás nosas preguntas sobre a nova edición de Coruña Gráfica, logo de que Manel Cráneo non poidera responder a nosa chamada. Que Lenin o perdoe.
Na biblioteca limos un fragmento do primeiro libro da Saga de Geralt de Rivia, titulado "O Mal Menor", unha versión un tanto peculiar de Blancaneves.
Escoitamos aos Beatles co seu "Magical Mystery Tour", pura maxia do LSD, e logo tivemos tempo para falar na nosa inmersión de Loom, Magicians, Magicka, The Prestige, Ultima e Arx Fatalis. E das cousas do IMM, camarada Esmendrellev.
Tavén tivemos música de:
Megadeath, "Lucretia"
Steve Ray Vaughn an Double Trouble, "Voodo Child"
E a banda sonora de The Witcher.
Fecha: 1 de Diciembre de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos
Gloriosa Capitáner Svetlana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Camarada Esmendrellev, IMM
Beoska Ulalumova, Oficial de Pandemias