No #LocoIván6 quixemos falar de pallasos, deses seres que poden facer rir, berrar ou chorar ao mesmo tempo. Persoas entrañables que axudan a que as nosas vidas sexan mellores, ou tamén a que sexan un enfermo. Desde Pennywise ata Fofó, desde Ronald McDonald ata Milikito, os pallasos son protagonistas de numerosas historias. Hoxe falamos dalgunhas delas.
Tivemos a sorte de contar don Teresa Babío, clown, pallasa, e persoa sideral que encheu o noso submarino de protones. Teresa mola, e tamén falou de pallasas. Teresa tamén escoitou a nosa sala de radio co tema de Steve Wonder "Tears for Clown", e poidemos bailar e saltar. Ou non.
Limos un fragmento do coñecidísimo "It", de Stephen King, atopado casualmente na nosa biblioteca, e logo profundicamos nos pallasos nos libros, nas series e no cine. E todo acompañado pola música de
Rob Zombie, "Pussy Liquor"
White Zombie, "Grease Paint and Monkey Brain"
Stolen Babies, "Push Button"
Gracias por estar aí
Fecha: 24 de Noviembre de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos
Gloriosa Capitáner Svetlana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Camarada Esmendrellev, IMM
Beoska Ulalumova, Oficial de Pandemias