2x3 Casas Encantadas

...

2x3 Casas Encantadas

Casas antiguas construidas enriba dun antiguo cemiterio, manicomios abandoados, hoteis onde aconteceron crimes terribles e submarinos onde ocorren cousas misteriosas. As casas encantadas son o mellor do mundo, despois do vodka, e delas falamos na nosa singladura.

No periscopio falamos das novidades máis novidosas no cine, literatura, cómic, xogos e videoxogos, e na nosa vella biblioteca trouxemos un fragmento do clásico "A Pantasma de Canterville", de Oscar Wilde, e pasámolo moi ben.  Puxemos o sónar ao máximo de potencia para traer a un grupo vigués chamado Broken Peaches, cunha versión do tema de "This is Halloween". Non vos perdades o seu vídeo en Youtube para apreciar os seus movementos feiticeiros.

Tivemos a inmensa sorte de traer ao mellor contacontos do mundo e parte da URSS, Caxoto Cativo, quen contou unha historia arrepiante.

E logo mergullámonos de cheo nas casas encantadas na literatura, videoxogos e cine.

Acompañounos a música de
Ministry, "Every Day is Halloween"
Vampire Bloodlines OST "Hollywood Theme"
Larry & The Blue Notes, "Night of The Sadist"
Alice Cooper, "This House is Haunted"
 

Podcast

Lista de programas

Fecha: 3 de Noviembre de 2017 a las 22:00

Programa: Loco Iván

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

PARTICIPANTES

Mariano

Técnico de son e locutor

Mariano

Técnico de son e locutor

Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas

Camarada Lamelov

Locutor

Camarada Lamelov

Locutor

Xefe de Torpedos

Cristina Díaz Pardo

Presentadora

Cristina Díaz Pardo

Presentadora

Gloriosa Capitáner Svetlana Ibárruri

Marcial Birnarem

Locutor

Marcial Birnarem

Locutor

Xefe de Cociña Birnarem

Tovarich Esmendrellev

Locutor

Tovarich Esmendrellev

Locutor

Camarada Esmendrellev, IMM

Bea Ulalume

Locutora

Bea Ulalume

Locutora

Beoska Ulalumova, Oficial de Pandemias

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo