Libros que cambian a películas, videoxogos que cambian a cómics e todos eles cambiando a series. Obras que cambian de medio e son boas en calquera sitio, como os disfraces do entroido. Sacamos a pasear o submarino polas augas de entroido para falarvos desas obras especiais en calquera sitio, obras cambiantes e espectaculares, e de camiño atopamos a gran María Álvarez Hortas, ilustradora e muller afouta que entre as súas obras está o cartel deste ano do entroido da cidade de Corun-ha. E por se fora pouco, tamén tivemos ao gran camarada José Manuel Sande, concelleiro de culturas que este ano tamén é o Rei Momo.
Limos aos hirmáns Strugatsky cun fragmento de "Pícnic Extraterrestre" e tivemos a música de Peter Gabriel na Sala de Radio, o home das 1000 caras. E na inmersión xa sabedes, de todo un pouco. Persépolis, O Nome da Rosa, Que Difícil é Ser Deus ou The Witcher. Así, de golpe.
E tivemos o acompañamento musical de:
Jane's Addiction, "Simpathy"
Stalker OST
Foo Fighters, "Have a Cigar"
Fecha: 9 de Febrero de 2018 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos
Gloriosa Capitáner Svetlana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Camarada Esmendrellev, IMM
Beoska Ulalumova, Oficial de Pandemias