Guerra. A guerra nunca cambia. Na singladura de hoxe entramos en zafarrancho de combate para entrar na guerra, pero esta vez non contra os numerosos inimigos do pobo, nesta ocasión quixemos falar da temática belicosa no mundo da cultura. Un tema extenso, tanto como a propia humanidade, pero nós temos pouca amplitude de miras porque estamos nun submarino, así que demos un pequeno repaso das películas, videoxogos, libros, series e cómics que máis nos molaron.
Subimos ao submarino ao glorioso Alberto Abad, responsable de Corvus Belli, a empresa pontevedresa de xogos de mesa creadora de Infinity, un Wargame que está a petalo. E tamén puxemos o tema "War", de Edwin Starr, e limos un fragmento de "A Árbore do Fume", de Denis Johnson.
Tamén tivemos a música de:
Accept, "Stalingrad"
The Doors, "The End"
Creedence Clearwater Revival, "Susie Q" e "Run Through the Jungle"
The Trashmen, "Surfin Bird"
Fecha: 12 de Enero de 2018 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos
Gloriosa Capitáner Svetlana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Camarada Esmendrellev, IMM
Beoska Ulalumova, Oficial de Pandemias