1x9 Cicloxénese zombie

...

1x9 Cicloxénese Zombie

Na última singladura do noso ben querido submariño, camiñamos lentamente como zombies empurrados por un vento fétido que non quería deixarnos entrar na zona escura do mundo dos non-mortos. Pero entramos, non sen dificultade, para explorar co noso periscopio as novas máis interesantes do inframundo.

Retrocedemos aos comenzos do marabilloso punk horrótico con The Misfits e o seu temazo "Die, die my darling", co cal poidemos bailar como zombies acelerados e logo seguir unhas recomendacións para estar preparados no caso de que haxa unha apocalypse zombie. Mellor previr que ter que comer cerebros.

No inframundo fixemos unha comunicación co submariño Nautilus, que andaba nunha das súas singladuras lisérxicas habituais para falar cun membro da súa tripulación. Realmente non falamos co membro, se non co seu dono,  Javier Quintana, fotógrafo zombie que ten unha sala de exposicións moi especial.

E por último, falamos de zombies nos videoxogos, series cine e nas drogas.

A música que acompañou a viaxe foi:

- Sepultura, "Ratamahata"

https://youtu.be/NiwqRSCWw2g

- White Zombie, "More Human than Human"

https://youtu.be/MFqBTSvBPAU

Podcast

Lista de programas

Fecha: 3 de Febrero de 2017 a las 22:00

Programa: Loco Iván

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

PARTICIPANTES

Mariano

Presentador

Mariano

Presentador

Santi Lamelo

Presentador

Santi Lamelo

Presentador

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo