O submariño nucelar navegou nesta ocasión polas xélidas augas de San Amaro coa intención de explorar os máis recónditos lugares do Mar Ártabro. Nesta viaxe, atopamos novas e misterioras relixións das que contamos algunha cousiña.
Coma sempre, o noso periscopio atopou novidades interesantes, mentres que na nosa Sala de Radio recuperamos un tema ben coñecido de REM; "Losing my Religion". Prendimos o sónar para atopar ao representante na terra do Espagueti Voador e falar de pastafarismo.
Na nosa biblioteca fixemos todo o posible para ler o relato "Cravos Vermellos", de Robert. E. Howard, e case o conseguimos, e finalmente fixemos unha profunda inmersión no tema relixioso raruno nos videoxogos e literatura.
Soaron os temas:
"Jesus Walking on the Water", de Violent Femmes
"If I had a heart", de Fever Ray
"Theology/Civilization", de Basil Poledouris
Gracias por non perder a nosa estela
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Esmendrellev, IMM
Camarada Beoska Ulalumova