Advertencia: A audiencia nacional considera este programa como intelectualmente violento. Avisados quedades.
O programa número 6 foi o da volta da nosa enormemente gloriosa capitana Ibarruri, que Lenin garde moitos anos, despois do aplastamendo da revolución organizada por Bigalov e Birnarem. Unha revolución pensada para que nada cambie, para que todo siga igual. E abofé que o lograron.
Subimos o periscopio para atopar novas interesantes, como é habitual, e tamén abrimos a escotilla para que entrara Xulio Carballo, que é o comisario político da mostra que se pode ver até o 31 de xaneiro na Coruña, na Normal, sobre BDG70: a revolta do cómic galego.
Adentrámonos na nosa biblioteca para ler un accidentado fragmento de Ciberíada, de Stanislaw Lew e puxemos a dar botes ao noso submariño co tema "System", de Korn, pertencente a banda sonora da película "A raíña dos condeados".
https://youtu.be/IfqIjQbn5TM
E logo fixemos unha inmersión no mundo das nosas raíñas favoritas, esas que deixan pegada.
Temas que soaron:
The Day that Margarett Thatcher Dies
https://www.youtube.com/watch?v=s4BCUWopQQ4
300 OST "Message from the Queen"
https://youtu.be/fy4o-eLQX3w
Queens of Stone Age "No one knows"
https://youtu.be/s88r_q7oufE?list=PLpgpAyEmDZ5-dcWKrbTw3yXbaKt5UBmaL
Fecha: 13 de Enero de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Esmendrellev, IMM
Camarada Beoska Ulalumova