Chega o solsticio de inferno ao programa para falar de frío, terror, nadal e todas estas cousas que tanto nos gustan.
Parece ser que no programa de hoxe tivemos un sabotaxe da CIA e do Mosad e deixáronnos sen presentación. Os responsables da falla de seguridade teñen unhas vacacións pagadas en Oymiakon, pero aínda así poidemos falar con Marta Paz, muller pensante do FKM (FreakMazine), ler un fragmento do relato "O Bruxo", do autor polaco Andrej Sapkowsky, que forma parte da súa gran obra A Saga de Geralt de Rivia, e contarvos algunhas novidades, como a estrea do tráiler de Blade Runner 2049
https://youtu.be/6T2b0mp2hco
Falamos tamén de Futurama, Penumbra, Snow Bross, Cryostasis, H.P. Lovecraft, El día de la bestia, a historia do nadal e moitas cousas máis. Escoitamos música de The Grinch, Pesadelo antes do nadal, The Witcher e do glorioso exército vermello
Desculpas polos erros técnicos, xa sabedes que nun submariño nucelar, pasan cousas
Fecha: 23 de Diciembre de 2016 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Beoska Ulalumova