"Mouchos, sapos, viuvas de Lugo e reactores nucelares", así é como comenza o conxuro para a queimada de vodka no noso submarino, feita a polonio lento nos fogóns da cociña do camarada Birnarem. A noite meiga foi aquí, no Loco Iván, onde fixemos un aquelarre de novas novidosas e anticapitalistas e contamos unha historia de terror e espanto sacada da nosa biblioteca que xa casi ten arranxada a porta. Limos un fragmento de "Wicked: Memorias Dunha Bruxa Mala", de Gregory Maguire, e puxemos unha canción suave na sala de radio; "Heavy Like a Witch", de All Them Witches.
E cando os efluvios do polonio embrutecido con licor café comenzaba a facer efecto, abrimos a escotilla para deixar entrar ao mítico Pemón Bouzas, que nos falou de Meigas, Inquisición e María Soliño.
E xa para rematar, mergullámonos no mundo das Meigas no cine, literatura e videoxogos.
Unha gran noite que tamén deixou estes alegres temas musicais:
Monster Magnet, "19 Witches"
Mark Korven, "What When We"
Rob Zombie, "American Witch"
Fecha: 19 de May de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Esmendrellev, IMM
Camarada Beoska Ulalumova