1x22 Enfermidades Nucelares

...

1x22 Enfermidades Nucelares

As pragas que temos no submarino son os revisionistas, e están a bo recaudo gracias á eficacia do sistema soviético de saúde pública que limpa, cura e desinfecta. Pero tamén viaxamos fora da nosa querida patria para contarvos o que hai nos mundos lonxanos de irás e non volverás, atopando alí outras pragas moito máis interesantes; infeccións terribles e purulentas que poñen en perigo á raza humana, por se non chega consigo mesma.


Contamos moitas novidades que atopamos gracias ao periscopio e que non saen nos medios capitalistas, sempre pendentes de ocultarnos as cousas máis atractivas. E para pasar o rato puxemos a música dos Malarians e o seu aire caribeño tan propio dun submarino soviético.

Tivemos a sorte de pescar á gran camarada Estíbaliz Espiñeira, muller nucelar onde as haxa que ademáis é poetisa, escritora, cantante, divulgadora científica e deusa tola do olimpo. E tamén contamos relatos recuperados da biblioteca mais húmida de toda a Unión Soviética.

Mergullámonos de cheo nos perigos das enfermidades contaxiosas para falar de cine, literatura e videoxogos enfermos.

E puxemos a música de

Accept, "Pandemic"
"Confortably Numb", versión de Piano do clásico de Pink Floyd
AC/DC, "The Jack"

 

Podcast

Programme Details

Date: May 12, 2017, 10 p.m.

Programme: Loco Iván

Category: Society & Culture

RSS:

PARTICIPANTS

Mariano

Presenter

Mariano

Presenter

Santi Lamelo

Presenter

Santi Lamelo

Presenter

About

https://cuacfm.org/

Social Links

Our Address

comunicacion@cuacfm.org

This website is running RadioCo