Alta tecnoloxía e pouca vida é un dos mellores resumos do Cyberpunk. Por iso o noso submarino ten a tecnoloxía xusta para podernos levar por eses sitios tan misterioros polos que nos soemos mover. Nun océano de bits poidemos ver a través do periscopio a cantidade de cousas que acontecen nos múltiples universos paralelos, e lelas, que nos rodean.
Quentamos a sala de radio co rock industrial de Rammstein e o seu clásico "Du Hast", e así fixemos boca para cando naveguen á praia de Covas, en Vivei-Roh, para dar un concerto e abrir as portas do averno. Coa música de fondo, abrimos a biblioteca para ler a un mestre da ciencia ficción, Phillip K. Dirk e o clásico do Cyberpunk "Soñan os Androides con Ovellas Eléctricas", o libro no que se inspirou a gloriosa Blade Runner.
Tivemos a sorte de contar co androide Félix Carrera Viso, autor do libro "850 aniversario", unha historia Cyberpunk da lonxana cidade Corun-ha.
E logo mergullámonos no Cyberpunk para falar das grandes obras do xénero.
Escoitamos a música de:
Headscan, "Carnal Knowledge"
Deus Ex BSO, "Unatco"
Powerman 5000, "The end of Everything"
Fecha: 5 de May de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Esmendrellev, IMM
Camarada Beoska Ulalumova