Hoxe cambiamos o submarino por un Drakkar nucelar e dirixímonos cara a ponte do arco da vella e así poder chegar ao umbral dos deuses, ao Valhalla, porque hoxe falamos de vikingos, esa civilización bárbara molona que viñeron de turisteo pola nosa terra hai moitos anos. E moitas quedaron a vivir aquí.
No posto de vixía do Drakkar descubrimos cousas sorprendentes, e para marcar o ritmo dos remos puxemos a os Turisas, facendo unha versión tola de "Rasputin", un dos grandes éxitos de Boney M. Cansados de tanto bailar, dirixímonos ao oráculo quen nos contou unha historia de Michael Crichton, "Os Devoradores de Cadabres", ben interesante, abofé.
Nunha vila cercana, atopamos a Rafael Quintía, antropólogo e experto na historia vikinga, quen nos proporcionou unha morea de información para poder continuar coa nosa singladura.
Chegamos ao borde do mundo para mergullarnos no mar do norte e atopar tesouros de gran valor artístico.
Tivemos a música de
Alestorm, "Drink"
Banner Saga, BSO, "Cut with a Keen-Edged Sword"
Ally the fiddle, "Catharsis"
E con gran pesar, abandonamos o Drakkar para volver ao noso querido submarino
Fecha: 28 de Abril de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Esmendrellev, IMM
Camarada Beoska Ulalumova