A pesar das maniotas por levar con orgullo a momia de Lenin por toda a Praza Roxa durante horas, saímos no noso submarino nunha nova singladura á búsqueda de seres nucelares, eses seres especiais que pululan polos inframundos indómitos do mar do contubernio. Con difucultade conseguimos izar o periscopio para ver o que acontecía no mundo exterior, e atopamos novas ben novidosas.
Entramos na Sala de Radio para sintonizar con Dwarves e o seu tema "You Gotta Burn", co que quentamos un pouco o ambiente, moi frío despois de dúas semanas no dique seco.
Ben quentiños fomos para a biblioteca para ler un fragmento de "O Éxodo dos Gnomos", do gran Terry Pratchett, sempre presente neste submarino.
Abrimos a escotilla para deixar pasar a Álvaro Pita, critico de cine, escritor, cineasta e músico e que recentemente acaba de publicar a primeira obra en español sobre un dos pais da ciencia ficción e dos seres extraños: o director Joe Dante.
E logo mergullámonos nos seres excepcionais do mundo dos videoxogos e do rol.
Acompañounos a música de:
Iggy Pop "Real Wild Child"
Young Fresh Fellows "Get Outta my Cave"
Banda sonora de Myth 2: Soulblighter, "Epilogue"
Non o perdas, que marcha
Fecha: 21 de Abril de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Esmendrellev, IMM
Camarada Beoska Ulalumova