Lume Valirio, Excalibur, Narsil, cervatanas de bolígrafos con arroz ou chistes de Arévalo, son armas lexendarias que forxaron a historia de moitos pobos ao longo do universo. Na singladura de hoxe, percorremos os océanos máis lonxanos para ter mostras das armas máis coñecidas da historia. Na nosa viaxe, atopamos cousa nunca vistas ao través do periscopio. E para pasar o tempo, puxemos na sala de radio aos reis da laca e da permanente, nada máis que nada menos que ás Twisted sister co seu tema Under the Blade.
O clorofluorcarbonado non impediu abrir a escotilla para convidar a Ruth, a lexendaria mestra de esgrima e pertencente ao misterioso club 100Tolos, especialistas na espectacular esgrima histórica. Necesitamos aprender as nobles artes da espada neste submarino porque xa o dicía Eistein, non sabemos como será a terceira guerra mundial, pero a cuarta será con pais, pedras... e espadas.
Mergullámonos nas profundidades do conema, videoxogos e a literatura, e lemos un relato mítico dos non menos míticos Monty Python.
E tamén puxemos música de:
Pearl Jam, "Do the Evolution"
Mystic Prophecy, "Sex Bomb"
Serge Utge-Royo, "Makhnovtchina"
Pero non deixes de escoitalo.
Fecha: 7 de Abril de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Esmendrellev, IMM
Camarada Beoska Ulalumova