Cargamos o Condensador de Fluzo no noso reactor nucelar para facer unha singladura polo tempo e a eternidade e así atoparnos con épocas gloriosas e futuros inesperados. Na nosa viaxe vimos cousas nunca vistas, como unha tribu de augustas viuvas do século XIX que quedaron moi ben retratadas. Puxemos na sala de radio a música da irreverente "The Rocky Horror Picture Show" coa esperanza de que nos denunciase alguén, pero non houbo sorte.
Adentrámonos na nosa biblioteca para rescatar os "Diarios das Estrelas", de Stanislaw Len para preguntarnos se somos xoves ou mércores, e soubemos que o gran camarada Sande, concelleiro de Culturas, Coñecemento e Deportes do Oráculo de Coru-nha, é xoves, e por iso falounos da súa boa relación coa tribu augusta das viuvas.
Coma sempre, mergullámonos nas viaxes no tempo para falar de "Outcast", "Ladróns do Tempo", "12 Monos", "Day of The Tentacle" e as perversións literarias moledianas. E puxemos música de:
Guns'n Roses "You Could be Mine"
Outcast BSO, "Oriental Spirit" e o tema principal, interpretada pola Orquesta Sinfónica de Moscú
Madonna, "Beautiful Strange"
Non o perdas, que o tempo pasa
Fecha: 31 de Marzo de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Esmendrellev, IMM
Camarada Beoska Ulalumova