Un submarino nucelar coma este ten que estar preparado para o día despois, para a vida nun mundo posnucelar, así que nos adentramos no Mar de Sieverts para obter toda a información necesaria para saber como será o armaxedón. A máis de 50 Roentgens á hora atopamos un montón de novas nucelares, e aínda tivemos tempo para un artista postapocalíptico como poucos, Tom Waits, e puxemos a súa canción "Earth Died Screaming".
Limos un fragmento de Metro 2033, de Dimitri Glukhovski, e así poidemos saber que no futuro posnucelar o Che seguirá moi presente. De camiño polo río Tunguska atopamos a Bernal Prieto, recoñicidérrimo ilustrador e impulsor de Autobom, o festival de cómic e autoedución.
E tamén mergullámonos na balsa de Chernóbil para falar de After The War, Fallout, S.T.A.L.K.E.R e Apocalypse World. Todo ben, todo no seu sitio.
Sonou a música de:
Dodheimsgard, "Apocalypticism"
Sigue Sigue Sputnik "Love Missile F1-11
Fecha: 24 de Marzo de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Esmendrellev, IMM
Camarada Beoska Ulalumova