1x12 Disfraces Nucelares

...

1x12 Disfraces Nucelares

Hoxe saímos á superficie para disfrazar ao noso submarino de choqueiro e saír a navegar polas axitadas augas do entroido nucelar. Puxemos un antifaz ao periscopio para que ninguén nos recoñecera e avistamos novas novidosas do mundo real e do imaxinario. E mira que atopamos cousas interesantes.

Na nosa radio abrazamos o satanismo da demoledora man de Slyer, poñendo a "Máscara de Pel Morta" que é unha máscara coma outra calquera. Con ela posta accedemos á biblioteca para ler unha historia opiácea de Sherlock Holmes e Watson, e logo tivemos moito valor para abrir a escotilla e deixar entrar, de novo, a Ángel Rodil, alias "Mortadelo", para que nos dera consellos para disfrazarnos no antroido.

Por suposto mergullámonos nas profundidades do mundo dos disfraces en videoxogos, literatura, cine e series, con certas referencias nostálxicas.

Soaron VIllage Peple con "YMCA", Neil Young coa banda sonora de "Dead Man" e Tom Waits con "Heart Attack and Wine".

Non o perdas, que non volve.

Podcast

Programme Details

Date: Feb. 24, 2017, 10 p.m.

Programme: Loco Iván

Category: Society & Culture

RSS:

PARTICIPANTS

Mariano

Presenter

Mariano

Presenter

Santi Lamelo

Presenter

Santi Lamelo

Presenter

About

CUAC FM A Radio Comunitaria da Coruña

Social Links

Our Address

CUAC FM A Radio Comunitaria da Coruña

This website is running RadioCo