O primeiro contacto é toda unha experiencia, non sempre mala, ou peor. O contacto co descoñecido, co inexplorado co inesperado, pode traer negras amarguras ou momentos inigualables, como a primeira vez que entramos no noso querido submarino clase Akula. Ás veces, na inconmesurable negrura do océano, un albisca desde lonxe luces extrañas que o fan pensar en que existe vida alén das fronteiras que coñecemos. Hoxe falamos dos Primeiros Contactos
Coma sempre, izamos o noso periscopio para otear o espacio exterior e ver que novidades había, e había unhas cantas, todas elas interesantes. Logo puxémonos nostálxicos na nosa sala de radio de válvulas para escoitar, unha vez máis, a John Williams e a súa linguaxe musical para comunicarse cos extraterrestres en "Encontros na Terceira Fase". Encontros que serían imposible sen a marabillosa "Guía do Autoestopista Galáctico", da que limos un fragmento na nosa biblioteca, e abrimos a nosa escotilla para falar co lexendario Borja Tosar, astrofísico escéptico, como debe ser, quen nos falou de ciencia e vida, e tal vez algo de filosofía.
Mergullámonos no mundo dos primeiros contactos e falamos de como se producen e de diversas obras do mundo dos videoxogos e do cine. O noso submarino non para porque é nucelar, non perdas a nosa estela.
Tivemos a música de:
The Failure, "Solaris"
Banda sonora de I-war 2 Edge of Chaos
Música da intro de Futurama e a banda sonora da película "A Guerra dos Mundos"
Fecha: 17 de Febrero de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Esmendrellev, IMM
Camarada Beoska Ulalumova