Un océano de vapor levounos ao universo Steampunk, esa ambientación que tanto nos gusta chea de engranaxes, tecnoloxía retrofuturista, roupa victoriana e chisteiras, moitas chisteiras. Izamos o periscopio coas novedades máis interesantes da semana, coma esa adaptación ao cómic da secuela de "O Cristal Escuro" ou a cita roleira do colectivo Drako.
Escoitamos a The Muse co tema "Psycho" e ese riff de guitarra tan pegañento, adentrámonos na biblioteca para ler un fragmento de "A Máquina Diferencial", un clasicazo escrito por William Gibson e Bruce Sterling, e abrimos a escotilla para vestirnos de Steampunk coa presencia de Marcia Efímera, costureira infinita que fai roupa chea de maxia, e tamén falamos coa gran promesa da literatura fantástica galega, o lexendario Manuel Moledius.
Fixemos unha mergulladura intensa falando de Arcanum, Thief, Things to Come, Portas de Anubie e algunha cousiña máis.
A música a puxeron Claw Finger, con "Do What I Say", Maxence Cyrin, coa versión dos Pixies a piano "Where is My Mind" e a banda sonora de Arcanum
Viaxa con nós a un mundo de engranaxes soviéticos
Fecha: 10 de Febrero de 2017 a las 22:00
Programa: Loco Iván
categoría: Sociedad y cultura
Camarada Bugalov, Xefe da Sala de Máquinas
Xefe de Torpedos Lamelov
Capitana Sveltana Ibárruri
Xefe de Cociña Birnarem
Oficial Masha Derevko
Camarada Esmendrellev, IMM
Camarada Beoska Ulalumova