5x9 Folk in Trío

...

5x9 Folk In Trío

Comezamos a nosa andaina en Xullo do ano 2010, sen máis pretensión que a de divulgar un chisco a nosa música, pero pouco a pouco o proxecto foi medrando ata o que é hoxe en día. Pasaron polo estudio José Couso artistas e grupos como Uxía, Xabier Díaz, Budiño, Rosa Cedrón, Cristina Pato, Riobó, Berrogüetto, Vaamonde Lamas & Romero, Os Cempés, Assembly Point, Tiruleque, Coanhadeira, Ulträqäns, Pesdelán, Sés... Telefónicamente ou directamente en concertos ampliamos a listaxe de grupos a nomes como Luar na Lubre, Leilía, Quempallou, Bellón&Maceiras... en definitiva, case a totalidade dos grupos galegos xa pasaron polas nosas ondas, pero a listaxe non queda aí, xa que nomes como Kepa Junkera ou Eliseo Parra tamén tiveron o seu espazo.

Temos colaborado na revista dixital Sons da Galiza, e dende o 2012, somos unha das partes do xurado dos únicos galardóns que en Galicia premian á música folk, os "Premios Opinión" xunto con nomes como Fernando Neira (El País), Nonito Pereira (El Ideal Gallego), José M. López (Radio 3).

En 2012, 2013 e 2015 estivemos no Festival Interceltique de Lorient, onde durante dez días fixemos unha cobertura informativa con gran éxito en redes.

Presentan: Antonio Prado e Roberto Aller.
Técnico: Antonio Prado.

Máis información do programa e da actualidade no seu Facebook e Twitter. Contacta en folkintrio@gmail.com

 

Podcast

Lista de programas

Fecha: 27 de Noviembre de 2015 a las 16:00

Programa: Folk in Trío

categoría: Música

RSS:

PARTICIPANTES

Antonio Prado

Presentador

Antonio Prado

Presentador

Roberto Aller

Presentador

Roberto Aller

Presentador

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo