Segunda parte do directo gravado durante a festa do Fantasma Accidental na Nave 1839 d´A Coruña. Foi o 4 de xuño de 2016 na nave autoxestionada onde xuntamos, en colaboración con PRENOM, a Sr.Anido, Pantis, Ocre e Anti S nun concerto memorable. Nesta parte temos a Rubén Domínguez (Pantis), que formou parte de bandas como Telephone Rouges, Metralletas Lecheras e actualmente en Chicharrón. A través do kraut amósanos as cores dos fractais na súa teoría do caos. Pechou a festa o Sr Anido, ou Rafa Anido, o demiurgo do galician bizarre (alma mater de Los Iribarnes, Jiménez del Oso, Jiménez los Santos o Metralletas Lecheras, e actualmente con Travesti Afgano e aliado a Javi Álvarez (Fluzo) no último disco) amosou a súa comogonía musical en continua expansión.
Agradecemos ao Colectivo Nave 1839 todo o seu ben facer, especialmente a Sara por tódalas facilidades dadas e a Héctor polas mesturas en directo e a súa profesionalidade.