Directo gravado durante a festa do Fantasma Accidental na Nave 1839 d´A Coruña. Foi o 4 de xuño de 2016 na nave autoxestionada onde xuntamos, en colaboración con PRENOM, a Sr.Anido, Pantis, Ocre e Anti S nun concerto memorable. Nesta primeira parte temos a Santi Zubizarreta, un ilustrador de Vigo que foi guitarra en Los Locos Hongos, co seu proxecto en solitario Anti S. Ruído e sentimento cunha guitarra fabricada por el mesmo. A continuación Ocre, ou Edu Poch, anteriormente en Elvis Negro e Nouvelle Cousine, que nos deixou tremendo nunha íntima aproximación ao synth (e algo máis que) pop de texturas envolventes.
Agradecemos ao Colectivo Nave 1839 todo o seu ben facer, especialmente a Sara por tódalas facilidades dadas e a Héctor polas mesturas en directo e a súa profesionalidade.