Este programa foi unha reemisión do especial post-letras galegas do 28 de maio de 2013.
Celebramos o día post-letras galegas 2013 cunha selección de letras cantadas e poesía galaica. De Celso Emilio Ferreiro a María Lado, de Dios Ke Te Crew a Fanny e Alexander. Preguntámonos como será un día das letras galegas coa cara de Antón Reixa nunha bolsa de Gadis. Sacamos do frío a Manuel Seixas e os Ataque Escampe poñen letras a este sinsentido de tempo co seu novo disco para Discos da Máquina . Presentamos un disco-caderno de vacacións chamado Bababum con oito cancións de bandas galegas. Despedímonos ata o próximo có longo poema amoroso ‘Berlín’ de María Lado.