Episodio no que voltamos a vista atrás 30 anos para enfrentar dous discos publicados en 1986. Desde Nova York o "Licensed to Ill" de Beastie Boys contra o "Fai un sol de carallo" de Os Resentidos desde Vigo. Falamos tamén da dobre estrea de Malandrómeda publicada por Matapadre. O Hevi e O Master do Son presentan tras cinco anos sen publicar Cada can que lamba o seu carnallo e Os corenta e oito nomes do inimigo. Facemos unha pequena escolma doutras gravacións do Hevi con Fluzo e Non Residentz.