2x9 Wolframio: o ouro negro galego

...

2x9 Wolframio: O Ouro Negro Galego

A segunda guerra mundial foi un dos eventos máis traumáticos da humanidade. Un conflito a escala mundial nun mundo que seguía a lamber as feridas da gran guerra. E todo baixo o prisma da barbarie dos campos de concentración (non so os alemáns), as torturas en pos da ciencia e unha carreira de armamento que mesmo puido acabar coa vida neste planeta. Un conflito no que se involucraron todos os continentes e gran parte dos seus territorios, mesmo aqueles nos que supostamente non se estaba a librar o combate. Porque un podería pensar que a Galiza non estivo no medio de todo isto, pero si que estivemos, e de varias maneiras.

Deste xeito, neste programa vimos a falar desa realidade galega dentro de este conflito bélico. Unha realidade que resultou ser vital e que desencadeou unha batalla económica no noso territorio. Porque hoxe vimos falar do Wolframio, o ouro negro galego, e o impacto que tivo no territorio galego e no devir da segunda guerra mundial.

Directo todos os xoves ás 18:00 en CUAC FM no 103.4

Podcast

Lista de programas

Fecha: 22 de Enero de 2026 a las 18:00

Programa: Estrelados na Estratosfera

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

PARTICIPANTES

Iván Pensado Méndez

Iván Pensado Méndez

Víctor Fernández Alves

Víctor Fernández Alves

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo