2x6 Hai galego bo e galego malo?

...

2x6 Hai Galego Bo E Galego Malo?

Volvemos tras pasar polo festival do Podcast organizado por EMUGA e no que gañamos dous premios. Un ao mellor guión (o xenio de Víctor Fernández é o que ten) e outro ao mellor programa polo voto popular. E dicir, que xa o podemos falar de forma clara. Porque nos xa o sabiamos, pero non podiamos dicilo sen sonar vaidosos. E é que, quen no lo vai negar agora? Que se atrevan. Porque temos ao mellor grupo de fans de toda Galiza (polo menos no mundo dos podcast) e isto xa non se pode discutir. Grazas a todos os aboiados e aboiadas, sodes os mellores. Con todo, aquí temos que dar un avance do noso programa. Así que... quen non escoitou iso de que o galego que se fala na casa non é galego de verdade? Ou que se fala mellor noutra zona da Galiza que na propia? Hoxe recuperamos o noso formato clásico no que só estamos os aboiados orixinais dando a chapa. Porque este era un tema que nos toca moi de preto.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 27 de Noviembre de 2025 a las 18:00

Programa: Estrelados na Estratosfera

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

PARTICIPANTES

Iván Pensado Méndez

Iván Pensado Méndez

Víctor Fernández Alves

Víctor Fernández Alves

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo