2x5 A cerámica de Antía Caldeiro

...

2x5 A Cerámica De Antía Caldeiro

Volvemos tras fallar unha semana. Si, non estades tolos, este programa tiña que saír a semana pasada, pero tivemos algún que outro problema e tivemos que retrasarnos. Porén, sabemos que sodes capaces de perdoarnos... polo menos por unha vez. E máis cando saibades de que falamos esta semana. Porque volvemos a traer a tradición galega ao Estrelados na Estratosfera da man de unha persoa que está a revivir unha arte que foi indispensable durante séculos. Unha arte, ademais, que é das máis representativas fora das nosas fronteiras. Falamos da olería.Antía Caldeiro veu a falarmos da tradición no mundo moderno, de pararse a facer as cousas coas mans e con paciencia e como é vivir do que a un lle gusta dentro do mundo rural. Contounos dende como se iniciou na olería, como é o proceso desta arte paso a paso até como se enfrontan as novas e vellas xeracións ao barro nas clases que imparte semanalmente.

Directo quincenalmente os xoves ás 18:00 en Cuac FM 103.4, e sempre que queiras en RadioCo a app de Cuac FM para Android e iOS.

Páxina de Antía Caldeiro: https://caldeiroceramica.com/

 

Podcast

Lista de programas

Fecha: 16 de Noviembre de 2025 a las 11:00

Programa: Estrelados na Estratosfera

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

PARTICIPANTES

Iván Pensado Méndez

Iván Pensado Méndez

Víctor Fernández Alves

Víctor Fernández Alves

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo