2x4 Cemiterio nuclear no mar de Galiza

...

2x4 Cemiterio Nuclear No Mar De Galiza

Nos anos oitenta xurdiu na Galiza o seu primeiro movemento ecoloxista. A súa misión era loitar contra un cemiterio nuclear situado a escasos 700 quilómetros das súas costas. Décadas de desperdicios radioactivos apousados no fondo mariño sen ningún control. Así, o pobo uniuse para lanzar dúas viaxes que sacudirían o mundo. Dende a proa do “Xurelo” até todos os noticiarios. Un pobo mariñeiro a loitar pola xustiza das súas augas. Agora, no verán do 2025, por fin se puido ver o verdadeiro impacto deses desperdicios no fondo mariño. Todo grazas aos avances tecnolóxicos e a misión de L’Atalante financiada polo CSIC francés que, mediante un robot, recolleron mostras da zona. No 2026 sairán a luz os resultados. Mais mentres, no Estrelados na Estratosfera traemos toda a información, incluso coa testemuña de un dos protagonistas. Directo quincenalmente os xoves ás 18:00 en Cuac FM 103.4, e sempre que queiras en RadioCo a app de Cuac FM para Android e iOS.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 23 de Octubre de 2025 a las 18:00

Programa: Estrelados na Estratosfera

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

PARTICIPANTES

Iván Pensado Méndez

Iván Pensado Méndez

Víctor Fernández Alves

Víctor Fernández Alves

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo