Hai xente tola que ven falar con nós ao noso programa, e logo hai un grupo selecto que repite (e, incluso, ameazan con volver unha terceira). Esta semana temos un deses casos. Alguén que nos ven falar do mundo tradi galego que, a día de hoxe, está en auxe grazas a cantidade e, sobre todo, calidade dos seus músicos. Un mundo complexo con infinidade de posibilidades que non deixan de sorprendernos.
Así, este xoves ven falar con nós Icía Varela, desta volta presentando disco complementario ao seu libro “Cantareiras”. Falaranos dos seus comezos na música e o mundo tradi, da realidade deste mundo en auxe e, incluso, dunha conexión co Xapón que está a xerminar unha relación a futuro.
Fecha: 12 de Marzo de 2026 a las 18:00
Programa: Estrelados na Estratosfera
categoría: Sociedad y cultura